3 de abril de 2009
clock
clock. Pecho, pero só lle dou unha volta á chave.
Si, imos tomar un respiro, pero deixamos a porta aberta a un 'coming soon'. Problemas coa conexión, primeiro, e de cousas a contar, segundo, fanme que deixe en repouso este recuncho. Máis ben queda a levedar, para ver en que vai dando. E é que agora, o que quero dicir non podo, e o que podo tampouco é nada interesante.
Así que imos darlle unha volta á chave de xeito digno, non abandonalo, porque el tampouco o faría.
Outra cousa máis que queda polo camiño, en stand-by polo momento, neste ano. Estamos a priorizar, seica.
Unha aperta, e grazas por estares aí.
Ata pronto.
24 de noviembre de 2008
O Parque das Nações é un barrio de Lisboa que naceu a partir da celebración da Expo 98, aproveitando as instalacións para tal evento. Agora é a cara máis moderna dunha cidade cun peso enorme da tradición, repleto de edificios actuais, rañaceos que se foron erguendo a partir de 1998, e que agora dan forma ao novo bussiness center lisboeta.
O metro chega a estación deseñada por Calatrava, un edificio espectacular (só pode recibir ese nome), que te leva ao centro da cidade. A liña Oriente que é a que chega á estación do Parque das Nações ten un tramo ao aire libre, que pasa por un barrio de chabolas, unha extensión de barracas que rodea a cidade de Lisboa. Xusto a seguir da estación Bela Vista, que ironía.
Onte escoitaba a un lisboeta dicir que entre a cidade e a zona da Expo había un deserto. Para outros é todo un mundo.
23 de noviembre de 2008
e aínda segue...
Feira de Arte de Lisboa 2008. Nun stand, unha rapaza galega conversa cos gardas de seguridade.
- Ah, da Galiza, si... Aí segue a dereita, non? Como se chamaba, que era ministro con Franco... Manuel Fraga, non?
- Non, xa non. Agora hai un goberno socialista (tampouco iamos entrar en profundidades bipartidistas...).
- Socialistas? Que foi, un accidente? Ou o Fraga morreu?
- Non, aínda non. Agora anda en Madrid, no Senado.
- Que raro, co que lles gustaba a vostedes Fraga...
- Xa...
17 de octubre de 2008
16 de octubre de 2008
Sabes que son o maior especialista en Proust?
Onte vin Pequena Miss Sunshine. Hoxe teño un sorriso permanente na cara e unha especie de fe renovada na humanidade. E amo máis que nunca as miñas rarezas. Como poñerme histérica nas aglomeracións de xente e ter que escaparme. E as túas.
5 de septiembre de 2008
É tempo de sulfatar

Alégrome particularmente porque, con humildade e sen ese virus de endiosamento que ás veces parece afectar a quen lle vai ben, a Abelardo e a toda a xente que se implica no seu traballo estáselle recoñecendo o seu mérito. E porque o que comezou como un xogo, un divertimento, vai evolucionando, progresando e aprendendo. Sen perder a esencia, que responde a este lema: sen un peso e a lo loco. Ánimo e parabéns.
Por certo, se o queredes ver, a data probable de estrea oficial (en Sta. Cruz de Rivadulla, Vedra), será o 9 de outubro á noitiña.
Outro amigo que tamén anda estes días de noraboa é Xoán Curiel. Saca disco, Nai, que polo privilexio que tivemos onte de escoltar un anaco e podemos asegurar que é delicioso. Con grandes influencias da música Brasileira, trae un álbume cargado de emocións e sentimento, e ao mesmo tempo de ritmos que suxiren agradables sensacións e positivizan o estado de ánimo. Parabéns tamén, Xoán, por ese coidado traballo que está a piques de ver a luz. A presentación será o día 17 na Coruña, no Fórum Metropolitano, e os compostelanitas teremos que agardar ao 18 para poder velo no Teatro Principal, ás 21horas.
Por certo, a marabillosa foto de Compostela Cultura é miña, dunha noite que nos fomos de karaoke. Cousas da vida. :)
29 de agosto de 2008
Convénceme
Por outra parte, o cine leva en crise (polo menos o español) dende o comezo dos tempos, pechan pantallas por momentos, etc. Agora ben, ¿merecen pechar algúns cines? Explícome: ¿é a fin dun modelo?
A fin de semana pasada fun ao cine, ver unha superprodución estadounidense (en Compostela, practicamente é imposible ver outra cousa) á que lle tiñan dedicadas dúas salas das 6 ou 7 que ten o cine. Ao meu lado, aínda que non teño nada en contra, por favor, sentou o capitán morcilla. As súas lorzas invadían literalmente, o meu asento, e para min, o meu espazo vital é fundamental. Non soporto, é algo que é superior a min, sentir que me están a tocar así, xente descoñecida. Cada un, coas súas filias. A parte, alí se puxo a sacar Warcraft e millóns de fricadas máis e comentándoo co seu secuaz. Durante a película, necesitaban demostrar a sala que eran superlistos e que sabían todo o que ía pasar, o que significaban os logos etc., mentres morcillo ría cun son agudo e estridente e axitaba os seus brazos curtos, cos que levaba putas patacas fritidas á boca.
Pero non era só el, senón toda unha sala sacando as bolsas que levaban escondidas de coller flocos de millo fóra e bebida, dotando á sesión dun fritido crustillante ao longo das 2 horas e pico que estivemos alí dentro.
Así que vou ao cine, saio da miña cómoda casa e das miñas cómodas pantuflas, e gasto case 6 euros para soportar ruído, non poder moverme e cohibirme á hora de gozar da peli, porque estou absolutamente rodeada de xente. Paga a pena? Esa vez, non.
Lembro o cine Utopia, en Burdeos. Está nun edificio antigo da cidade, onde cada sala era xa de por si un espectáculo. Un ambigú no que tomar algo antes ou despois, e comentar a peli, xa metidos en ambiente. O persoal está interesado no cine, e tratan como seres humanos aos espectadores. Hai debates con directores. Todas as pelis estaban en versión orixinal. Organizan actividades para escolares.
Non me sinto nada motivada para ir ao cine estes días.
27 de agosto de 2008
Ata onde?
Cal é o límite, pois? Como determinar o que é relevante e o que é secundario? Hai que evitar entrar nas traxedias persoais? Hai feitos que son evidentes, que son gratuítos e mesmo repulsivos. Pero no mesmo avión viaxaban, polo menos, unha redactora de El País e unha de Público, que tamén contribuíron con relatos exclusivamente emocionais.
Os xornais tamén puxeron as súas ferramentas 3.0 a funcionar. Mándanos fotos! Coñeces a algún dos pasaxeiros? Estás en Barajas? Algúns lectores síntense ofendidos. Tamén pola cantidade de imaxes de familiares que van chegando ao aeroporto, que son literalmente acosados polos reporteiros, que mostran caras de non comprender porqué non se paran a falar nos seus micrófonos, sen darse de conta que non se pode tratar igual a Belén Esteban que a alguén que non sabe se perdeu a un ou varios membros da súa familia.
É imposible trazar a liña de ata onde se pode chegar. Sesudos textos avalían isto, hai códigos deontolóxicos, protocolos etc., pero en todo caso, sempre queda na responsabilidade do xornalista e do editor do medio detectar o que é información do que é espectáculo gratuíto. Hoxe leo no País un comentario que critica a inclusión de fotos de familiares.
E aí xorde un debate. O primeiro é garantir o dereito á intimidade das familias e vítimas, e respectar a súa dor. Pero o feito de que non se publiquen imaxes desas vítimas tamén pode contribuír tamén a que non se lle dea a magnitude que ten, como recolle Escolar, director de Público.
Con isto, non estou a facer apoloxía nin da exhibición de imaxes de dor, nin moito menos, pero é un feito que a imaxe ten favorecido a apertura de debates sociais que doutro xeito terían pasado desapercibidos.
Evidentemente, esta é unha cuestión complicada. Pero cres que a repulsa e a crítica que están a facer os usuarios é adecuada? Cres que a cobertura dos medios foi irrespetuosa?
31 de julio de 2008
Vacacións
Mañá xa collo as vacacións e baixo ata Almaça, a relaxar, que boa falta fai. Ánimos á xente traballadora.
11 de julio de 2008
10 de julio de 2008
sen sol
Este é un verán raro, no que chove, non nos damos desfeito das chaquetas, as sandalias quedan no armario e o galego oprime ao castelán.
Mentalízome para ser positiva, unha vez que o peor diagnóstico está confirmado. Agora toca dalo todo. E pregúntome se terei forza de abondo para enfrontarme ao que vén. Pero nin o sol se atreve a saír e apoiar, dar forzas. É complicado.
Nunca haberá días baleiros, só queda asumilo.
1 de julio de 2008
Día da música
- ¿Y estos de Som do Galpom, quiénes son?
- Hacen hip hop, pero en gallego.
- Ay, mira, qué simpáticos. ¿Y los Fanny e Alexander qué tocan? Es que me suenan.
- Es un rollo muy íntimo, en plan electrónico y tal.
- Pero, ¿de dónde son?
- Creo que son de aquí, de Santiago.
- Yo creo que no. A mí me suena que son peruanos o así. Fanny y Alexander...
13 de junio de 2008
Moving to the Casti
Xa contarei.
10 de junio de 2008
- Ola, Dios. (en soños non hai por que ser normativo) E ti por aquí?
- Nada, veño a concederche un desexo.
- Ai, si? Así, pola cara?
- Si, veño a que me pidas un concerto.
- Un concerto... de quen eu queira?
- Si, pero veña, vidiña, que teño máis que facer.
- Ok... pois quero... Que che parece un con Iván Ferreiro e Deluxe xuntos?
- Vai, e de agasallo van Fanny+Alexander, Quique González e Som do Galpóm.
- Que ghuai!!! Xa podían vir os Homens tamén, non?
- Non abuses, anda...



